miércoles, 28 de agosto de 2013

ORDENACIÓN SACERDOTAL DE JAVIER DE ROSENDE ROCA NA NOSA DIOCESE


A nosa diocese está de noraboa. O diácono Javier de Rosende Roca vai ser ordenado sacerdote pola imposición de mans do Sr. Bispo o vindeiro sábado, 7 de Setembro de 2013 na S.I. Catedral Basílica de Mondoñedo.

lunes, 12 de agosto de 2013

10.000 Visitas ao Blog da Delegación!!! GRACIÑAS pola vosa fidelidade

 
O día 31 de Xaneiro do ano pasado, iniciaba a súa andadura este blog da Delegación de Pastoral Vocacional da nosa diocese. Como dicíamos na presentación aquél día, pretendíamos, dende aquí, poder chegar a tódolos lugares da diocese e outros puntos, ofrecendo noticias, materiais e acontecementos relacionados coa Delegación. Asimesmo, quería ser tamén unha ventá aberta para tódolos que quixérades unirvos coas vosas suxerencias, propostas e comentarios á Delegación.