domingo, 3 de marzo de 2013

XVIII Festival da Canción Vocacional (Carta de Presentación)



Benquerido amigo/a:
Un ano máis poñémonos en contacto contigo, desde a Delegación Diocesana de Pastoral Vocacional, para invitarte e animarche a que participes no Festival da Canción Vocacional que este ano cumpre a súa XVIIIª edición. Terá lugar en Mondoñedo o Sábado 27 de Abril de 2013.
Con motivo do Ano da Fe proposto polo Papa Benedicto XVI, e tamén atendendo ó Plan Pastoral da nosa Diocese que nos anima a acentuar a importancia da familia como Igrexa doméstica e sementeira de vocacións; quixemos aglutinar estas dúas realidades no lema do Festival deste ano: “Familia + Fe = Vocacións”. Somos conscientes do ambiente social no que vivimos: carestía de vocacións sacerdotais e á vida consagrada, falta de valentía e compromiso á hora de ser transmisores da fe desde a propia familia, o feito de minusvalorar a fe frente os valores que imperan ó noso redor (na escola, no traballo…). Pero ante todo isto, sabemos que a chamada de Deus é constante e que non renuncia a invitarnos a vivir a nosa vida conforme á súa vontade de amor, pois Deus quere que vivamos plenamente a nosa vida, con intensidade, dende o gozo e a esperanza. Valores do Reino que se cultivan xa dende o ámbito familiar, pois a Fe é un regalo que precisa ser coidado, vivido, celebrado e transmitido; e que mellor xeito de facelo que o exemplo dos primeiros educadores que son a familia, a comunidade cristiá e as vidas consagradas a Cristo. É un compromiso de todos, pois a todos Deus nos chama para evanxelizar, é a misión da Igrexa.
Ademais de poder participar no Festival coas vosas cancións ou coa vosa asistencia, invitámosvos tamén a realizar unha presentación en formato PowerPoint que recolla o sentido do que celebramos no Festival (pode ser unha presentación cun conto, redacción, con imaxes ou debuxos, etc.). O prazo límite para entregalas será o mesmo que para as cancións. As presentacións que fagades verémolas o día do Festival.
Se tes algunha dúbida, ponte en contacto con nós:
Só queda animarte a que participes nalgunha das actividades que presentamos; tamén podes vir simplemente a participar do día de convivencia e divertirte coas actuacións.
 
Un cordial saúdo,            
 
A ORGANIZACIÓN DO FESTIVAL
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario