Javier de Rosende Roca é natural da Parroquia de San Vicenzo de Os Vilares (Guitiriz). Despois de facer os cursos primarios, pasou a estudar ao Seminario de Mondoñedo onde fixo case toda a ESO. De alí, sentindo que o Señor o chamaba ao ministerio sacerdotal, marchou para o Seminario Maior-Teologado San Rosendo en Santiago de Compostela, onde fixo os estudos teolóxicos acadando o Bacharel en Estudios Eclesiásticos no Instituto Teólóxico Compostelano (ITC). Foi ordenado diácono por Mons. Manuel Sánchez Monge o día 23 de maio de 2010. Realizou a súa etapa pastoral na Unidade Pastoral de As Pontes e, actualmente, na Parroquia de Santa Marta de Ortigueira.
Javier, vai ser ordenado sacerdote o vindeiro sábado 7 de Setembro de 2013 a partires das 11:00h na S.I.Catedral Basílica de Mondoñedo, pola imposición de mans e oración consecratoria do Sr. Bispo da diocese Mons. Manuel Sánchez Monge.
Respondeunos a estas preguntas por escrito para o blog da Delegación de Pastoral Vocacional, que nos aceptou con moito gusto, e desexámoslle desde aquí moitas FELICIDADES na súa nova andaina como presbítero.