miércoles, 28 de agosto de 2013

ORDENACIÓN SACERDOTAL DE JAVIER DE ROSENDE ROCA NA NOSA DIOCESE


A nosa diocese está de noraboa. O diácono Javier de Rosende Roca vai ser ordenado sacerdote pola imposición de mans do Sr. Bispo o vindeiro sábado, 7 de Setembro de 2013 na S.I. Catedral Basílica de Mondoñedo.

Durante os últimos tempos, Javier, estivo desenvolvendo a súa tarefa pastoral na Unidade Pastoral de As Pontes-As Somozas e, ultimamente, na Parroquia de Santa Marta de Ortigueira.
 
Dende a Delegación de Pastoral Vocacional, transmitímoslle a nosa máis cordial noraboa e pedímoslle ao Señor que lle axude no seu novo ministerio sacerdotal.
 
NORABOA, JAVIER!!!!!!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario