jueves, 25 de abril de 2013

XVIIIª edición do Festival da Canción Vocacional - 27 de Abril do 2013 (Seminario de Mondoñedo)

Este sábado, 27 de abril de 2013, vai ter lugar no Seminario de Mondoñedo unha edición máis do Festival Vocacional. Será a XVIIIª edición. O lema deste ano leva por título "Familia + Fe = Vocacións".
 
 
 


Con motivo do Ano da Fe proposto polo Papa Benedicto XVI, e tamén atendendo ó Plan Pastoral da nosa Diocese que nos anima a acentuar a importancia da familia como Igrexa doméstica e sementeira de vocacións; quixemos aglutinar estas dúas realidades no lema do Festival deste ano: “Familia + Fe = Vocacións”. Somos conscientes do ambiente social no que vivimos: carestía de vocacións sacerdotais e á vida consagrada, falta de valentía e compromiso á hora de ser transmisores da fe desde a propia familia, o feito de minusvalorar a fe frente os valores que imperan ó noso redor (na escola, no traballo…). Pero ante todo isto, sabemos que a chamada de Deus é constante e que non renuncia a invitarnos a vivir a nosa vida conforme á súa vontade de amor, pois Deus quere que vivamos plenamente a nosa vida, con intensidade, dende o gozo e a esperanza. Valores do Reino que se cultivan xa dende o ámbito familiar, pois a Fe é un regalo que precisa ser coidado, vivido, celebrado e transmitido; e que mellor xeito de facelo que o exemplo dos primeiros educadores que son a familia, a comunidade cristiá e as vidas consagradas a Cristo. É un compromiso de todos, pois a todos Deus nos chama para evanxelizar, é a misión da Igrexa.
 
Só queda animarte a que participes nalgunha das actividades que presentamos; tamén podes vir simplemente a participar do día de convivencia e divertirte coas actuacións.
 
 
ANÍMATE E VEN!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario