lunes, 12 de agosto de 2013

10.000 Visitas ao Blog da Delegación!!! GRACIÑAS pola vosa fidelidade

 
O día 31 de Xaneiro do ano pasado, iniciaba a súa andadura este blog da Delegación de Pastoral Vocacional da nosa diocese. Como dicíamos na presentación aquél día, pretendíamos, dende aquí, poder chegar a tódolos lugares da diocese e outros puntos, ofrecendo noticias, materiais e acontecementos relacionados coa Delegación. Asimesmo, quería ser tamén unha ventá aberta para tódolos que quixérades unirvos coas vosas suxerencias, propostas e comentarios á Delegación.

Intentamos que se cumprisen estes obxectivos e, como podedes ver no contador que hai ao final da páxina, alcanzamos e superamos as 10.000 visitas grazas á vosa fidelidade. Se non fora por vós, isto non se faría realidade.
 
Por iso, hoxe, a todos cantos nos visitastes desde aquela, aos que nos visitan diariamente, aos que nos descubriron fai pouco e aos que nos descubrirán aínda, non nos queda máis que dicir:
 
MOITAS GRAZAS!!!!!!

1 comentario: