Objetivos Pastoral Vocacional 2015-2016

OBXECTIVOS DA DELEGACIÓN DIOCESANA DE PASTORAL VOCACIONAL
CURSO 2015-2016



MINISTROS DOS SACRAMENTOS :
O  SEÑOR   SIGUE  CHAMANDO

OBXECTIVO  XERAL:

Traballar, animados e unidos a nivel diocesano nos diversos campos da pastoral ordinaria, para conseguir impulsar a Pastoral Vocacional para o sacerdocio.


OBXETIVOS  ESPECÍFICOS:
a.- Desenrolar un itinerario para un acompañamento de posibles persoas vocacionadas.

b.- Crear grupos de persoas en acompañamento vocacional para compartir e madurar no Proceso vocacional a nivel diocesano, arciprestal e parroquial.

c.- Fomentar a sensibilización e oración polas vocacións nos catequistas, axentes de pastoral, profesorado de relixión, utilizando convenientemente os medios de comunicación.
d.- Atención  particular  aos  xoves que  participen na Xornada Mundial da  Xuventude (XMX) de Cracovia e que poidan manifestar algunha inquedanza  vocacional.

e.- Colaborar co noso Seminario á hora de facer algunha actividade cos rapaces da nosa Diocese que están no Seminario de Lugo.

f.- Coidar e fomentar a presenza e labor dos monagos nas parroquias e organizar encontros que animen o seu labor. Iniciar con eles un proceso de acompañamento persoal. 

g.- Organizar  ao  redor   do  Encontro Festivo-Vocacional,  actos,   encontros,  oracións, vixilias e  preceder e prolongar a súa realización con materiais que sirvan para traballar nos grupos e parroquias.

h.- Coidado e actualización do Blog dentro da web diocesana, dándoo a coñecer e colgando informacións sobre actividades e contidos relacionados co acompañamento vocacional.

i.- Informar e facilitar sobre posibles materiais para traballar coas vocacións.


ACCIÓNS:
-   Día do Seminario.
-   Encontro Festivo-Vocacional.
-   Xornada Mundial da Oración polas Vocacións.

-  Fomentar a creación de monagos nas parroquias.


- Encontro  de  oración  polas  vocacións  nos  mosteiros  contemplativos,  arciprestados  e  parroquias  no  mes  vocacional  e  en  torno  á  xornada  de  oración  polas  vocacións,  aproveitando  as  estruturas  xa  existentes  como  laudes  e  vísperas, o  rezo  do  Rosario,  a  exposición  do  Santísimo,  xoves  vocacionais..., e  os  materiais  que  temos (como  a  Guía  de  Oración  polas  Vocacións  da Diocese Tui-Vigo).

- Faladoiros (Tertulias) nos colexios (en colaboración cos sacerdotes, catequistas, etc..., que realicen funcións neles).

- Potenciar, con motivo do Ano da Misericordia, a vivencia dos sacramentos como lugar de encontro coa salvación de Deus.

Podes descargar os obxectivos en formato PDF pinchando AQUÍ