lunes, 30 de enero de 2012


BENVIDOS Á NOVA PÁXINA DA DPV MONDOÑEDO-FERROL

Con estas liñas, queremos dárvo-la benvida á nova páxina web da Delegación de Pastoral Vocacional da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Pretendemos, dende aquí, poder chegar a tódolos lugares da diocese e outros puntos, ofrecendo noticias, materiais e acontecementos relacionados coa delegación. Asimesmo, quere ser tamén unha ventá aberta para tódolos que queiredes unirvos coas vosas suxerencias á delegación.
Como sabedes, este ano 2012 adicámolo, seguindo o Plan Pastoral Diocesano 2010-2013, ás vocacións. Aproveitamos para recordar que é un deber de todos rezar polas vocacións e animar aos adolescentes e xóvenes a que se sintan chamados a vivir e anunciar a Boa Nova que nos deixou Xesús.
Pidámoslle ao Señor que nos bendiga con novas vocacións ao ministerio sacerdotal.

BENVIDOS A TODOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario